
road to MATE, hosted by Maré
O festival Maré acolle dentro da súa programación en Compostela contidos en común co Proxecto Europeo MATE, no que converxen música, tecnoloxía, artes e educación. Esta edición do MATE toma o nome de ‘roadto MATE Galiza hosted by Maré’ e desenvolverase entre setembro de 2023 e setembro do 2024. O proxectovencella as tres cidades europeas de Coimbra (Portugal), Tesalónica (Grecia) e Santiago de Compostela (Galiza).
Na rede que conforma MATE quérese fomentar o coñecemento, a formación, titorización e creación de empresas dentro do ámbito das industrias culturais e creativas, con especial énfase no sector da música. Nesta programación inclúense dende showcases de diferentes artistas ata charlas e encontros de programadores.
No eido musical, haberá interesantes propostas musicais dende o máis local ―por exemplo, a presentación de ‘Novas Flores’ de Gloria Pavía e Dani Liñeira― ata o internacional―Nidia Góngora, Fémina, Pol Batllé con Rita Payés…―.
No caso de Galiza, estes contidos recóllense dentro do festival Maré, que promove e comparte obxectivos con este proxecto. Incluirá concertos, showcases, workshops, talks, mentoring sessions, pitchings, round tables…
Toda a información estará publicada nas próximas semanas na páxina web de MATE.