Shooglenifty

Celtic fusion e folk rock · Escocia

Sábado 26 de setembro · Praza de Mazarelos

Formada en 1990, esta banda das Highlands escocesas pode presumir de ser a primeira formación británica en tocar en Cuba, entre outros fitos dunha traxectoria sempre articulada en base a integrar a rica tradición folque do seu lugar de orixe con tendencias contemporáneas que van do post-rock británico dos anos noventa á percusión funk.

Todo un arsenal de mesturas inusuais que agora celebran no seu 35º aniversario que tamén sirve para presentar o seu vindeiro LP, que publican en 2026, presentado neste Maré 2026.

Texto por: Marcos Blanco Gendre.

Entrada de balde