imagen de sofía espiñeira

Sofía Espiñeira

Sofía Espiñeira é unha das voces máis singulares da nova canción galega. Natural de Mugardos, combina a creación musical coa danza, o teatro e o circo, construíndo un universo artístico profundamente poético e interdisciplinar. A súa música bebe do pop e da canción de autor, mais sempre dialoga coas raíces galegas e co territorio.

Recoñecida co Premio Martín Códax da Música 2022 na categoría de cantautora, Sofía vén consolidando unha traxectoria marcada pola autenticidade e pola procura dunha linguaxe propia. En 2025 publica o seu novo disco, Xeografías, un traballo no que explora a relación entre corpo, territorio e emoción, ofrecendo unha proposta intimista e colectiva á vez.

En Maré, Espiñeira trae cancións que nacen da raíz e se abren ao mundo, facendo da palabra e da música un espazo de encontro, memoria e resistencia.