FESTIVAL DE ARTES E MÚSICAS ATLÁNTICAS

Xogos tradicionais con sororAs.gal

Galiza

SororAs é un espazo de creación e aprendizaxe en igualdade dende a aplicación da perspectiva de xénero. Está formado por Paula Rivela, Nerea Fiuza e Carlota Salgado.

Desta volta, desenvolverán unha actividade de xogos tradicionais. Un espazo de diversión para crianzas e maiores, no que aprender con xogos tradicionais e populares de hoxe e de sempre. Pensados principalmente para poñer a proba a axilidade mental das persoas que participen, así

como fomentar o traballo en equipo dende unha experiencia interxeraional, inclusiva e con perspectiva de xénero.


ACTIVIDADE GRATUÍTA