Su Garrido Pombo
Galiza
‘Traspielas’ é o novo proxecto da cantante e compositora galega Su Garrido Pombo xunto con Macarena Montesinos (cello), Iago Ramilo (saxo), Marco Maril (electrónica) e Fran Rodriguez Casal (visuais) que celebra a memoria colectiva dunha aldea a través dunha obra musical, poética e visual.
Partindo de pezas tradicionais recollidas na aldea de Traspielas (Fornelos de Montes) e proxeccións con imaxes actuais e de videoarquivo, a electrónica e a música tradicional conflúen neste concerto para crear unha obra actual. O obxectivo da artista é dar unha nova vida a estas cancións nunha proposta que pon en valor a comunidade e a cultura popular dun territorio.
Despois do seu concerto, o trío galego Sumrrá actuará con Niño de Elche.