Sumrrá
Galiza
Considerado “o trío máis innovador do panorama español” (Candido Querol), SUMRRÁ está formado polos músicos Manuel Gutiérrez (piano), Xacobe Martínez Antelo (contrabaixo) e L.A.R. Legido (batería). Un grupo cunha das traxectorias máis sólidas e constantes do panorama jazzístico español e cunha gran proxección internacional, como o acreditan as súas xiras por Bolivia, Bulgaria e Sudáfrica e o seu paso por numerosos festivais internacionais.
SUMRRÁ formouse no ano 2000. Desde os seus inicios, cautivou a crítica e público cun jazz inclasificable, melódico e moi aberto, destacando a orixinalidade das súas composicións, a calidade dos seus membros e a frescura dos seus directos.