O espectáculo de improvisación máis salvaxe da cidade salta do escenario da Sala Capitol ao Festival Maré cunha proposta única e irrepetible: A Tremenda Maré. Comedia instantánea, música con obxectos imposibles, irreverencia escénica e humor sen filtros mestúranse neste combinado explosivo que rompe guións, fronteiras e expectativas.
O elenco —formado por Antón Coucheiro, Susana Sampedro, Arturo Cobas, Sheyla Fariña e Dani Blanco— crea en tempo real un espectáculo que non se repite e que vive no aquí e agora, coa participación especial do polinstrumentista catalán Xavi Lozano, capaz de facer música con calquera cousa que lle caia nas mans.
A Tremenda Maré non é só unha peza cómica: é unha celebración do inesperado, unha homenaxe ao absurdo e á liberdade creativa. Un espazo onde o erro se converte en acerto e a improvisación é un acto de comunidade. Porque a risa, tamén, pode ser profundamente transformadora.