Imagen de versos no maré

VERSOS NA MARÉ

Versos na maré  congrégavos a ocupar o emblemático espazo da Igrexa da Universidade en Mazarelos para desfrutar dunha mostra de oralidades galegas celebrando a diversidade do como contarnos as cousas. Unha escolma de exemplos artísticos arredor do amor á palabra e ó idioma como canle de expresión do pobo e dos seus sentimentos. Dende ou cara a poesía, nun camiño diferente en cada proposta pero con acento e matices semellantes e con toda a intención de mostrar a naturalidade da nosa arte, da arte desta terra. Xosé A. Touriñán, Vero Rilo, Sara Porto e Xenderal e Leti do Morraso, acompañados nesta parte da liturxia por Peter Brea e as historias do doutor Própole como acólito deste coro para a misa de 12