FESTIVAL DE ARTES E MÚSICAS ATLÁNTICAS

Versos na Maré

Versos na Maré

Galiza

Por terceiro ano chegan as ondas de versos á maresía do maré…

Este ano acompáñannos dúas figuras consolidadas do panorama galego: María Lado e Séchu Sende, e dúas emerxentes, Alicia Inconclusa e Galego de Caracas, que nos van sumerxir nun mar de letras coa Igrexa da Universidade como marco incomparable.

Poderedes gozar coa poesía e tamén coa música dunha voz única, Laura LaMontagne, que abrirá e pechará esta xornada presentada por Peter Brea Rodríguez.


ACTIVIDADE GRATUÍTA