Xacobe Martínez

Músico, emprendedor e activista cultural. De formación ecléctica e autodidacta, este músico compostelán aparece en máis de 50 traballos discográficos, que van dende o Jazz, ó Rock, pasando pola Música Tradicional, o Teatro ou as Músicas do Mundo. Como líder, é fundador de Sumrrá, Monkillos, Xacobe Martínez Antelo Trío, Cuarteto e Quinteto, CHaNZo, A Tribu, MARTELO ou a Orquestra Galega de Liberación, e dende hai 25 anos, traballa de xeito estable co Grupo Chévere (Premio Nacional de Teatro 2014). No terreo Asociativo, foi membro fundador de Músicas ao Vivo, así como de FEMA (Fed. Española de Músicos Asociados), FMJAZZ (Fed. Estatal de Musicos Profesionales de Jazz), e a Unión de Músicos (UdM). Actualmente é Conselleiro de AIE e Responsable do seu Fondo Asistencial e Cultural. 

Vén sendo unha figura imprescindible da escena musical galega dos últimos 25 anos, e á súa presenza en calquer espazo da nosa xeografía, súmaselle unha traxectoria internacional máis que considerable; París, Londres, Helsinki, Sudáfrica, Marrocos, Korea, China, Bulgaria, México, Nicaragua, , Honduras, El Salvador, Guatemala, Portugal, Bolivia, Canadá, India, Brasil ou Cuba, avalan a súa carreira máis aló das nosas fronteiras.