Zeltia Irevire
Tribal Folk · Galicia
Xoves 24 de setembro · Sala Capitol
Zeltia Irevire é unha banda galega que constrúe un universo sonoro propio entre o folk, o blues e as músicas de raíz contemporáneas. A través do que definen como “Folk Tribal”, o grupo combina instrumentos acústicos, atmosferas electrónicas e unha poderosa presenza vocal para crear unha experiencia intensa e envolvente.
As súas composicións beben da tradición oral, das lendas e da sabedoría popular galega, reivindicando a protección do patrimonio cultural e natural de Galicia. Sobre o escenario, a banda desenvolve un directo hipnótico no que conviven a forza rítmica, a experimentación sonora e a conexión coa terra.
A formación está integrada por Zeltia Acuña (voz e guitarra acústica), Migui Carballido (coros, bodhrán e percusións) e Cibrán Seixo (violín e sintetizador de baixo).