Zuaraz
México, Galiza
A música de Zuaraz busca recuperar o espírito das cancións populares latinoamericanas (o son jarocho, o bolero, a trova iucateca), pero a través da perspectiva dunha reversión do rock alterlatino que hai anos promulgaron artistas como Café Tacvba ou Maldita. Vecindad e que os dous líderes do proxecto, os irmáns mexicanos Sebastián e Santiago Hernández.
A súa música é como unha mediación entre Los Panchos e Khruangbin, entre Vulfpeck e Armando Manzanero. Os seus discos foron producidos e mesturados por Manuel Blanco (Blanco Palamera, Sen Senra) e Dave Parra (Julieta Venegas, Café Tacvba, Austin TV); e na actualidade continúan de xira coas cancións dos seus dous discos e os novos sinxelos que están a presentar, mesturados por Ellis Tucker (enxeñeiro de Childish Gambino, Sabrina Claudio, bLAck pARty, etc.). Encheron salas como Villanos e actuaron en festivais como Sound Isidro ou Sonorama; ademais de encher o Foro IndieRocks na Cidade de México a finais de 2023.