Fetén Fetén
Castela e León
O recoñecido e orixinal dúo castelán Fetén Fetén visitará o Teatro Principal co espectáculo “Miña terra no corazón”, no que revisarán parte das súas cancións máis emblemáticas coas cores e aportes de artistas galegas convidadas, de recoñecida traxectoria e bagaxe musical.
Este concerto é un percorrido polos ritmos populares da Península Ibérica, nun directo vital e enérxico no que poderemos gozar escoitando e bailando melodías tradicionais e composicións deste tándem burgalés ao ritmo de valses, xotas, pasodobres, muiñeiras, charros, rodas ou seguidillas.
Fetén Fetén viaxa a Galicia coas percusións de Xose Lois Romero e as cordas de Pedro Pascual, creando unha conexión atlántica no seu son en directo e un espectáculo que, baseado na música de raíz, a nosa esencia como pobo e cultura, nos transporta con imaxinación para as súas melodías ultramarinas e os seus insólitos instrumentos. Neste directo dentro da maré súmanse as colaboracións de diversos artistas do panorama musical galego.
- Jorge Arribas: acordeón, ala de buitre, gaita box de vino, frauta silla de camping, basuri e recogeval.
- Diego Galaz: violín, serrucho, zanfona, mandolina, culleres, tixola e huesera.
- Pedro Pascual: bouzouki.
- Xose Lois Romero: percusións.