FESTIVAL DE ARTES E MÚSICAS ATLÁNTICAS

MaCheta Supah Sound

MaCheta Supah Sound

Galiza

MaCheta presenta unha rica mestura baseada no Afrobeat, estilo creado por Fela Kuti e Tony Allen na Nixeria dos anos 60, con forte raíz nos ritmos iorubás, o Funk e o Jazz. Polirritmias intensas, ritmos africanos e caribeños fúndense nunha explosión de enerxía positiva.

A banda nace no 2019, froito da xuntanza de grandes instrumentistas de varios estilos, músicos procedentes de grupos con ampla traxectoria na escena galega que suman o seu coñecemento e gustos musicais neste novo proxecto.