Maricarme
Galiza
Maricarme é o resultado de xuntar tres recoñecidas caras do panorama musical galego: Cibrán Seixo (Tanxugureiras, Davide Salvado, Budiño) Antía Ameixeiras (Caamaño&Ameixeiras, Carlos Núñez, Luar na Lubre) e Migui Carballido (Zeltia Irevire, Porcoteixos, Holiday Club).
Os instrumentos acústicos (violíns, pandeiros, bouzuki…) únense á sonoridades máis electrónicas (moog, pads, pedais…) creando un folk orixinal e poderoso. Maricarme viaxa dende a tradición oral ás composicións propias e presenta un concerto dinámico no que promete facervos bailar.