FÉMINA + LÍVIA MATTOS
SÁBADO 23 SETEMBRO
Concerto by MATE, o Festival de Música, Arte, Tecnoloxía e Educación.
As arxentinas Fémina, actualmente en formato dúo (Sofía e Clara Trucco), volven aos escenarios cunha nova proposta íntima e emocionante. Unha banda con letras vibrantes e conmovedoras e influencias do hip hop e o folclore latino. Harmonías espectaculares e química máxica no escenario, onde incorporan instrumentos e melodías tradicionais de América Latina.
Vibrante e pouco ortodoxa, a acordeonista e cantautora brasileira Lívia Mattos actuará en formato power trío -acompañada de Jefferson Babu na tuba e Rafael dos Santos na percusión- explorando diferentes camiños e sons co seu instrumento.
Agardamos por vós o vindeiro sábado 23 de setembro no Teatro Principal para gozar das músicas destas dúas artistas reivindicativas e performáticas.
Calquera dúbida ou cuestión en relacións coas entradas podedes poñervos en contacto con nós a través do mare@mare.gal